"Deuse un paso importante no recoñecemento dos movementos megalíticos da Costa da Morte"
O presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte recibiu con ledicia a declaración dos Penedos de Pasarela e Trabas como paisaxe protexida.
Ler máis...
Portugal rexeita a opción luso-galega e apoia a España coa dieta mediterránea
Ademais da indiferenza de Madrid, que preferiu presentarlle á lista da Unesco para o patrimonio inmaterial as iniciativas do sur peninsular, o goberno luso dálle tamén as costas ao proxecto de Ponte nas Ondas.
Ler máis...
Continuando co programa "Voluntariado en Ríos" do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, e dacordo cos datos recollidos no informe do ano pasado ADEGA-Proxecto Ríos apresentan o II CAMPAMENTO DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL que se adicará á eliminación da flora exótica invasora no río Tea. Será nas últimas tres fins de semana de outubro no albergue Alentea e os/as participantes terán cubertos os gastos de desprazamento, aloxamento e mantenza.
Escocia, Gales, Galiza e Bretanha crean unha iniciativa de apoio polos seus dominios en Internet.
Escocés, galés, galego, bretón e os propietarios de sitios web de negocios poderían ter libertade de usalos seus dominios de país en Internet, se a iniciativa proposta a ICANN ten éxito.